EU-V entra no concello co 6%

 

A Coalición Esquerda Unida – Os Verdes esperou até o día de hoxe para realizar a valoración definitiva dos resultados das eleccións municipais no concello da Coruña, esperando ao reconto definitivo xa que a tan só 7 votos atopábase a posibilidade de obter o segundo concelleiro.

 

Finalmente non poido ser, a pesares de subir até os 7075 votos e superar o 6% no reconto definitivo quedouse as portas do segundo concelleiro xa que o BNG, partido co que estaba en xogo o concelleiro incrementou en 16 os apoios recibidos até situarse en 14.165. O novo concelleiro de EU-V, César Santiso indicou “o resultado destas eleccións deixan ben as claras a inxustiza da lei electoral, Esquerda Unida obtén un concelleiro e o BNG catro con tan só o dobre de votos ca nos. Está claro que si queremos avancares en democracia temos que modificar a lei electoral en todos os seus aspectos para que se cumpra o principio básico de un cidadá un voto”.

 

En todo caso, Esquerda Unida considera un fito histórico a consecución dun concelleiro en María Pita, logo de máis de dous décadas sen que a esquerda transformadora tivera representación.

 

O consello comarcal de EU Coruña agradece non so o apoio ofrecido a súa candidatura por máis de 7000 coruñeses e coruñesas, senón as múltiples mostras de cariño amosadas durante a campaña, o que outorga a nosa organización moitos ánimos para proseguir na loita para mellorar a calidade de vida da veciñanza e a consecución dunha Coruña, económica, social e mediambientalmente, máis sustentábel.

 

César Santiso subliñou o feito de duplicar o número de apoios en relación aos anteriores comicios, ainda que lamentou perder o sengudo escaño por “un puñado de votos”. “A sensación é agridulce, por unha banda recibimos un grande apoyo e cariño por parte da cidadanía, mais contábamos con ser chave de goberno para virar as políticas municipais cara a esquerda e favorecer a maioría social, e con todo atopámonos diante dunha maioría absoluta do PP. Ademais unha lei inxusta arrebatounos o segundo concelleiro.

 

Santiso indicou “fieis a nosa aposta pola participación cidadá, seremos a correa de transmisión entre a veciñanza e o concello. Comprometémonos a facer nosas as propostas que democraticamente elixan os veciños e veciñas sempre que non contradigan a nosa liña política de esquerdas”.

Relacionados