🎙 Eva Solla fala no programa “En Salud y Medicina Hoy” sobre a desprotección dos menores

Esta semana Esquerda Unida denunciou a desprotección que viven os menores polos diferentes poderes públicos. En palabras da coordinadora nacional de Esquerda Unida, Eva Solla, “a situación de desprotección na que se atopou o cativo de dous meses en Lugo é dunha gravidade extrema e puxo de manifesto a existencia de deficiencias na comunicación entre as administracións”, dixo.

A raíz desta situación, Eva Solla foi entrevistada no programa de InterCoruña: En Salud y Medicina Hoy para falar do trato que deben ter os menores, cuestión que levou ao Parlamento Galego. Neste programa de radio tamén falouse de obesidade infantil, adicións na infancia, saúde en xeral e educación sexual.

A descoordinación en cuestións básicas, que poñen en perigo a vida das persoas, é totalmente inadmisible. É por iso que é necesaria a revisión de protocolos para evitar que se repitan situacións como a acontecida en Lugo.

Non perdas e entrevista (a partir do minuto 30) dende:

 

Relacionados