Esquerda Unida rexeita o acordo entre o concello da Coruña e a Xunta de Galicia para a cesión indefinida da fábrica de tabacos. A nosa organización sempre defendeu unha cesión parcial deste edificio singular. Así, animou ao novo goberno local do PP a negociar a duración da cesión os anos que fosen necesarios para desbloquear o proxecto, pero nunca sucumbir a unha cesión indefinida que supón unha perda patrimonial para a cidade coruñesa, algo que moralmente non ten dereito a desenvolver o goberno municipal, pois é un ben de todos os coruñeses e coruñesas.
O consello comarcal de EU Coruña considera que o acordo supón unha claudicación do alcalde aos intereses do PP e significa unha descapitalización para a Coruña, asemade dunha práctica pouco habitual pois o normal é que a cesión de patrimonio público entre institucións sexa temporal.
César Santiso, voceiro do grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes, utilizaba un símil futbolístico para explicar graficamente a situación “Coruña 0, Xunta 1, con gol en propia meta de Carlos Negreira que ven a demostrar que antepón os intereses partidistas aos da cidadanía coruñesa”.
César Santiso comentou “non leva un mes no cargo, mais xa mostra claros síntomas de que pensa que a cidade é súa. Onde quedaron aquelas promesas de dialogo e consenso?, porqué non se interesa, a lo menos, pola opinión da oposición? Da a sensación que van a ser catro anos de pasar o rodete da maioría absoluta, xusto do que viña queixándose durante o mandato anterior”.
Asemade, Santiso afirmou “o peor de todo é que nestes primeiros conflictos o equipo de Goberno xa deu claras mostras de poñerse de xeonllos diante da Xunta. O fixo coa residencia universitaria, logo mirou cara outro lado nos conflitos do IES Monte das Moas e do CEIP Eusebio da Guarda, e agora agasalla a Xunta con patrimonio dos coruñeses e coruñesas”.