Incoherencias parque Fontiñas

Tras unha visita en persoa dos nosos representantes a este parque, pois nada facía pensar que estivese pechado ao público e había veciños e veciñas paseando por el, fixemos pública unha denuncia do lamentable estado no que se atopaba este espazo público.

Varios días despois da nosa denuncia, e despois de novas queixas veciñais recibidas, comprobamos que varios valos indicaban que se prohibía a entrada a este parque debido a unhas obras, que de ningún modo eran visibles.

Tivemos que saber polos medios, pois ninguén do equipo de goberno se puxo en contacto con nós, que María Castelao indicara que a urbanización do polígono 4 non está terminada e, polo tanto, non foi recepcionada polo Concello, explicando que o parque estará pechado ata que se termine a obra para evitar accidentes.

Ante este anuncio dende o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela queremos facer as seguintes críticas á nefasta xestión do Partido Popular.

En primeiro lugar que o pasado xullo, a concelleira fixera público tanto para os medios como na páxina web do Concello, que as obras de urbanización do polígono 4 das Fontiñas estarían rematadas a principios de outono, e polo tanto estaría aberto o público 28.000 metros cadrados de zona verde.

Até a nosa denuncia, en ningún momento o Concello fixo público, polo menos na súa páxina web, que estas obras se retrasaban, e polo que sabemos agora sen data de remate concreta, e en ningún momento o Concello acometeu a labor, polo menos, de informar á veciñanza da zona sobre está actuación que atinxe a un espazo público da cidade.

Outra mostra da ineficaz xestión, unha máis, é que para os veciños e veciñas este parque semellaba aberto dende ese principios de outono que anunciara a concelleira, e diariamente era utilizado, pese a que, como anuncia agora a concelleira, como mínimo, varandas e instalacións na zona infantil.

Por último se, como di María Castelao, o parque non está debidamente acondicionado e pode representar un perigo para as persoas usuarias, esiximos ou que remate as obras xa ou faga o que debe para evitar que a xente siga utilizando este parque aínda sen rematar.

Relacionados