Debate que consideremos oportuno dadas as queixas recibidas e as noticias aparecidas nos medios de comunicación, nas que se informa de que no Refuxio de Animais de Bando se sacrifican animais, que no supoñen un perigo nin padecen o sufrimento dunha enfermidade terminal, como por exemplo, según as propias palabras da directora “…los que no tienen ninguna posibilidad de adopción, como los canes viejos”.
Esquerda Unida Compostela quere manifestar a súa preocupación porque, segundo os datos confirmados aos medios pola directora do Refuxio, no ano 2010 sacrificáronse 391 animais. E puidemos escoitar como se xustificaba esta medida extrema por mor do hacinamento que se produce debido, ademais da conxelación do orzamento, a que se recollen animais de Padrón, Oroso, Arzúa… ou por ser Compostela o final do camiño “…nos han llegado canes con microchip que procedían de Palencia o Burgos”.
É lóxico pensar, dado que o principal problema e o alto número de animais que chegan ao Refuxio, que unha das medidas máis importantes para levar a cabo é a concienciación da xente á hora de facerse responsable dunha mascota, posto que non son seres vivos de usar e tirar, se non que acarrean unha responsabilidade que debe cumprirse.
Dende EU consideramos que mellorar o funcionamento do Refuxio de Animais de Bando (en recursos humanos, materiais, económicos) é función do equipo de goberno, e como decisión política que debe ser hai que valorar todas as posibles medidas que se poden realizar, buscando solucións, que teñan como fin primordial evitar o sacrificio de animais.
Por suposto, para tal fin, o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela, considera necesario, unha vez máis, contar coa participación cidadá, como por exemplo, as dos distintos colectivos de defensa dos animais e ecoloxistas, para buscar esas medidas necesarias para mellorar o Refuxio e “construír” participadamente as campañas de concienciación para sensibilizar a xente neste tema.
Tamén queremos exixir, como xa fixeramos na moción presentada o pasado 8 de xullo, que o Concello de Santiago apoie a declaración de principios que se expón na lei de protección dos animais 1/93, do 14 de abril.
Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de
ACORDOS
Primeiro. O Concello acometerá as medidas necesarias para mellorar o funcionamento do Refuxio de Animais de Bando e evitar así o sacrificio de animais.
Segundo. O Concello levará a cabo todas as dilixencias necesarias para que en Santiago se prohiba dar morte a calquera animal doméstico ou salvaxe que non supoña ningún perigo grave para a saúde pública, exceptuando algúns tipos de eutanasia que teñen como fin acabar co sufrimento de animais enfermos.
Terceiro. Realizar as oportunas campañas de concienciación da cidadanía sobre o dereito de todos os seres vivos a ter un trato respectuoso.