Incremento de gastos en propaganda

 

Aplaza así, a reactivación económica e consecuentemente a xeracilón de emprego, actividades fundamentais as que deberíanse ocupar todos os poderes públicos, segundo EU-V.

 

Esquerda Unida critica o incremento do 54% no importe da partida económica destinada a gastos de propaganda e publicidade. Unha vez máis o equipo de goberno municipal di unha cousa e fai a contraria, pois anda a anunciar que estes orzamentos confeccionáronse seguindo o criterio de eliminar gastos superfluos para dedicar os aforros resultantes a blindar o gasto social.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera que si os 368.650 euros que orzamentou o bipartito no ano 2011 eran alarmantes, os 568.879 que orzamenta o PP son escandalosos. Non se pode eliminar o medio millón destinado a escola infantil de Pedralonga para gastalo agora en propaganda.

 

Esquerda Unida cree que os gastos de publicidade e propaganda lonxe de ser gasto social, son gastos superfluos que deberían reducirse e non aumentarse nun modelo de xestión baseado na austeridade. O incremento de máis dun 50% da partidas orzamentarias correspondentes ao código económico 22602 “Publicidade e propaganda” e unha mala noticia para a cidade, que ve como este concepto orzamentario levase moitos máis cartos que os destinados a, por exemplo, a Convocatoria de Axudas Públicas a emprendedores, que só está dotada cun importe de 180.000 euros.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “o Goberno municipal inviste máis en propaganda que en apoiar aos emprendendores, e isa a maneira de xeración de emprego?

Relacionados