Incremento tráfico de contenedores

Esquerda Unida considera unha excelente nova o incremento do o tráfico de contedores no porto interior cunha nova ruta, unha segunda escala semanal da liña de OPDR Hamburgo con conexión directa ás illas canarias.

E un feito que o transporte marítimo constitúe o 90% do comercio mundial. Do tráfico de mercadorías, máis do 75% faise a través de contedores, sector que se atopa en continuo crecemento, polo que semella unha formidable oportunidade de negocio. Así Segundo datos da ONU estímase que no 2015 o tráfico de contedores entre os continentes europeo e americano chegará aos seis millóns de unidades, na actualidade A Coruña tan so capta o 0,1%, a pesares de que a nosa cidade ten a localización xeográfica ideal para centralizar gran parte deste tráfico de mercadorías limpas e non contaminantes.

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes felicita á autoridade portuaria por atender as nosas demandas de promoción do tráfico de contedores que como temos anunciado pode supoñer a creación de entre 2.300 e 3.200 postos de traballo reducindo o desemprego máis dun 10% na cidade coruñesa. Diversos estudos científicos sobre o tema estiman que o impacto económico en termos de xeración de emprego da actividade de importación/exportación de contedores, establece un coeficiente de 6,5 postos de traballo por cada 1000 contedores.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “co traslado ao porto exterior, cando este dispoña das conexións axeitadas, de Repsol ou a medusa de carbón que abastece Meirama permitirá dotarmos das infraestruturas necesarias para acadar entre un 6 e un 9% do tráfico entre América e Europa”. Unha vez baleiro o peirao do centenario disporía de 180.000 m2 que permitiría un movemento anual de entre 360.000 e 540.000 contedores, cantidade debido a súa maior proximidade ás rutas comerciais procedentes de EEUU, o que lle outorga avantaxe cos portos de Rotterdam, Amberes, Amsterdam e Hamburgo que na actualidade aglutinan o groso do tráfico.

Relacionados