Interpelación Courel

 

Esquerda Unida considera moi grave que un espazo singular integrado na Rede Natura, como a serra do Courel, siga a sufrir danos medioambientais, a nosa organización recorda que precisamente agora cúmprese un ano da interpelación parlamentaria presentada polo Eurodeputado de Esquerda Unida, en relación ao negativo impacto medioambiental das minas de pizarra de O Courel.

Semella inaceptable que tanto a Xunta de Galicia como o propio Goberno de España estean a destruír, con fondos europeos, un bosque autóctono de grande riqueza no que se concentran especies de vexetación endémica, polo feito de incumprir o proxecto de execución, ao desenvolver o traballo de maneira mecánica con grandes escavadoras no canto de manualmente, e pola restauración forestal realizada a base de pinos.

Texto da pregunta

 

“Na Serra do Courel (Lugo, Galicia) estanse levando a cabo unhas obras de restauración da zona a cargo da Xunta de Galicia e do Goberno español que ascenden a un orzamento anual duns 3 millóns de euros, subvencionados en parte por fondos europeos.

 

Os veciños da zona e, en particular, o colectivo SOS-Courel, denuncian que estes labores están destruíndo este bosque autóctono de enorme riqueza no que se concentran diversas especies de vexetación endémica.

 

As denominadas “intervencións de restauración hidrológico-forestal”, lonxe de protexer a contorna do Courel, espazo integrado na Rede Natura, están destruíndo os hábitats, posto que se están realizando de forma mecánica con grandes escavadoras no canto de manualmente, como se proxectaba.

 

Así mesmo, nestas intervencións procedeuse a plantar especies que non pertencen á zona, eliminando vexetación endémica.

 

Ante os feitos expostos:

 

Ten coñecemento a Comisión Europea destas intervencións de restauración hidrológico-forestal?

 

Cónstalle á Comisión se estes proxectos respectan a Directiva 92/43/CEE sobre conservación dos hábitats naturais e da fauna e flora silvestres?

 

Pode informar a Comisión sobre a cantidade de Fondos Europeos destinados a estas obras?

 

Non considera a Comisión que a plantación de vexetación non endémica e a utilización de maquinaria pesada para a realización destes labores supón unha deterioración dun espazo natural que require a máxima protección ambiental e urbanística?

Relacionados