O eurodeputado de Esqeurda Unida, Willy Meyer, destacou a necesidade de preservar a biodiversidade da Ría. Por ese motivo, pediu que as peticións quedasen abertas e propuxo á Comisión que valorase a posibilidade de desprazarse a Vigo para realizar un estudo integral da Ría de Vigo.
A reunión contou coa presenza dos peticionarios das tres queixas. En primeiro lugar interveu José Antonio Fernández, en nome da Plataforma de Afectados pola Depuradora do Lagares, que presentou a petición 0260/1999, que leva máis de once anos sendo abordada pola Comisión e que conta co respaldo de máis de 4000 firmas. A súa intervención centrouse nas carencias do proxecto da nova depuradora e demandou a retirada dos fondos públicos europeos do mesmo, en base á vulneración das directivas comunitarias.
Esta nova depuradora pretende substituír a anterior construída con financiamento comunitario fai doce anos e cuxo deficiente funcionamento carrexou a vertedura de miles de litros sen tratar á Ría de Vigo, con graves repercusións ambientais. Como consecuencia diso, a praia de Samil presentou altos índices de bacterias coliformes, así como a presenza de metais pesados nas augas da ría. Cabe sinalar que no marco desta petición a Comisión Europea iniciou o procedemento por infracción incoado por mor da denuncia 2000/4432 referida en concreto á Ría de Vigo, no marco do recurso por incumprimento contra España (asunto C-26-04). A sentenza do Tribunal de Xustiza xa sinalou que España incumprira o artigo 5 da Directiva 79/923/CEE para a Ría de Vigo.
José Antonio Fernández denunciou que neste contexto, exponse a construción dunha nova EDAR no mesmo lugar, con novo emisario situado dentro da Ría, sen un sistema de tratamento adecuado de augas e deseñado desde un punto de vista localista, que incumpriría, do mesmo xeito que a actual depuradora, varias directivas comunitarias, ademais de carrexar a afección de cinco Hábitats de Interese Comunitario situados na Xunqueira do Lagares. A este respecto, entregou diversos estudos que documentaban esta vulneración do dereito comunitario.
Posteriormente compareceu Serxio Regueira, representante da Plataforma pola Defensa dá Ría de Vigo, que denunciou as obras de Porto de Vigo, a especulación urbanística e diversas actuacións acaecidas na Ría (recheos, almacenamentos de augas residuais, etc. sen os EIA pertinentes) e pediu un estudo ambiental integral da Ría que inclúa medidas correctoras.
Pola súa banda, tamén interveu Antonio Lores, en nome da Plataforma pola Conservación da Bahía de San Simón, que denunciou o hormigonado e diversos recheos realizados na Ría, relacionadas coas obras do Porto de Vigo que se iniciaron sen a realización previa de ningún estudo de impacto ambiental.
Willy Meyer, vicepresidente da Comisión de Peticións, interveu para destacar que se trata dun claro exemplo da necesidade de protexer a biodiversidade. “Todos somos responsables de preservar a riqueza natural da Ría de Vigo”. Agradeceu aos peticionarios que leven estes problemas ao Parlamento Europeo, “problemas que a propia Comisión Europea recoñeceu”. Por iso, pediu que as tres peticións quedasen abertas e propuxo á Comisión de Peticións que estudase a posibilidade de visitar a Ría. “Leváronse a cabo actuacións na Ría de Vigo que pon en perigo toda a biodiversidade e moitísimos postos de traballo que dependen da pesca e do marisqueo”.
Así mesmo, o eurodeputado de Esquerda Unida interpelou hoxe á Comisión Europea sobre o anteproxecto da nova depuradora de Vigo. A este respecto, indicou que se prevé que 104 millóns de euros (46,66% do financiamento total) provirán de Fondos FEDER. Na súa interpelación, pediu información á Comisión sobre o seguimento realizado do programa de redución da contaminación da Ría de Vigo e, ante unha posible vulneración de normativa comunitaria, instou á Comisión Europea a explicar as “accións emprendidas para garantir que a nova EDAR respecte a Directiva Marco da auga 2000/60/CE, a Directiva 91/271/CEE relativa ao tratamento de augas residuais urbanas, a Directiva 2006/77/CE relativa á xestión da calidade das augas de baño, a Directiva 96/61/CE relativa á prevención e control integrados da contaminación, a Directiva 79/923/CE sobre a calidade esixida ás augas para a cría de moluscos, a Directiva 92/43/CEE (Hábitats) e a Directiva 2006/11/CE relativa á contaminación causada por determinadas sustancias perigosas vertidas no medio acuático”.