Mediana General Sanjurjo

 

Esquerda Unida considera un despropósito que o Goberno municipal pretenda desfacer o bulevard de General Sanjurgo. A decisión do actual Goberno do PP de eliminar a mediana e os bolardos, semella un simple golpe de inspiración que suporá un costo para as arcas municipais para unha actuación superflua. Precisamente nus intres onde os poderes públicos deben ser extremadamente coidadosos cos investimentos, o actual Goberno local dedícase a desmontar o feito polo Goberno anterior.

 

Para o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes a proposta do Goberno local de retirar a mediana é unha medida inadecuada, precipitada e un malgasto inaceptábel, máis nestes tempos de escaseza de liquidez.

 

Si ben é certo que os vehículos de emerxencias tiñan problemas na devandita estrada cando estaba atascada, tamén o é que eso pasa en moitos outros puntos da cidade. Dende logo, si EU-V gobernase buscaría a solución mendiante unha obra menor de baixo custe, evitando causar molestias a veciñanza e colapsando o tráfico da cidade por mor da obra que de novo pechará unha arteria da cidade. En todo caso dende EU-V priorizaríamos investimentos, agora é o momento de investir en acción social, pois as demandas do servizos sociais por parte da cidadanía crecen exponencialmente, e en reactivar a economía produtiva a través do fomento do cambio do modelo produtivo para loitar contra a lacra social do desemprego.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “a creación do mal chamado corredor verde foi un despropósito do Goberno bipartito, pero a súa destrución por parte do Goberno do PP é aínda un despropósito maior, non se pode actuar compulsivamente, xogando cos cartos públicos que son de todos os coruñeses e coruñesas, calquera actuación deste tipo necesita desenvolverse en base a un un plan integral de mobilidade previamente desenvolvido.

 

César Santiso subliñou a similitude entre o anterior goberno e o actual en canto a falta de planificación, e a constatación que tanto PP como PSOE son incapaces que a economía local so pódese estimular eficazmente en base a un cambio do modelo produtivo, porque o modelo do ladrillo e o formigón no que inciden ambos partidos, ademais de estar caduco e superado, non é rendíbel en termos de creación de emprego. 

Relacionados