A Xunta malgasta en publicidade

 

Esquerda Unida denuncia que a Xunta de Galicia prevee gastar 1.200.000 euros en publicidade en tan so nove meses, tal e como aparece publicado no DOG do pasado oito de marzo.

 

A executiva nacional de EU considera indecente que o Goberno Feijoo este a aplicar recortes en sanidade, ensino, servizos sociais e na función pública para poder gastar en propaganda.

 

Os servizos de urxencias atópanse totalmente saturados por falta de recursos, o que provoca que os enfermos tarden horas sen ser atendidos en condicións lamentábeis como no caso do CHUAC, cuxas tristes imaxes, propias dun pais subdesenvolvido, están a recorrer os xornais de todo o mundo para vergoña dos galegos e galegas.

 

Asemade, a Xunta do PP está a utilizar artimañas para aforrar cartos a conta dos máis necesitados, no que constitúe unha actitude indecente, innobre e insolidaria. Como por exemplo excluír momentaneamente do sistema sanitario aos parados de longa duración escudándose en temas burocráticos, ou atrasar o pagamento do RISGA en base a supostos erros informáticos.

 

Por outra banda os recortes no ensino, reducindo profesores e investimentos están a ser fortemente contestados dende fai meses por todo o colectivo educativo: profesores, estudantes e AMPAs. E os recortes en servizos sociais teñen en xaque aos concellos que teñen que achegar recursos, moitas veces inexistentes, diante da imprudencia do Goberno da Xunta.

 

Para Esquerda Unida – Os Verdes malgastar cartos para publicitar as iniciativas da unta vai radicalmente en contra das políticas de austeridade que o PP di que fai, constituíndo unha nova demostración que o PP di unha cousa e fai a contraria, confunde e engana á cidadanía e incumpre as súas promesas electorais.

Relacionados