O 12X queremos encher as urnas de dignidade e de futuro

Galicia en Común-Anova Mareas, arrancou a campaña en Vigo onde lembrou a importancia de defender un goberno capaz de garantir un futuro para un país e para a súa xente.

Eva Solla interviu, xunto con Martiño Noriega e o candidato á presidencia, Antón Gómez Reino, lembrando a urxencia de dotar a Galicia dun goberno que goberne para todas porque “o 12 de xullo disputámonos unha Galicia O 12x disputamonos o futuro do país, escoller entre unha Galicia que deixa morrer aos nosos maiores ou unha Galicia que coida, entre o lucro ou a sanidade pública, entre a precariedade laboral ou futuro da nosa industria e dos sectores produtivos deste país” .

“Os sectores produtivos e os sectores públicos non poden volver a quedar en mans da irresponsabilidade de quen durante os momentos difíciles da pandemia, deixou abandonados aos traballadores e traballadoras sanitarias e ao persoal das residencias de maiores” di Eva Solla.

A candidata por Pontevedra e coordinadora nacional de Esquerda Unida, lembroulle a Feijóo que “os traballadores sanitarios non queren esmola nin cheques de 250 euros, queren medios, recursos para poder traballar con dignidade, porque traballan bastante máis que aqueles que nos gobernan desde unha atalaia e que non coñecen os servizos públicos”.

Relacionados