O Goberno local en todo momento declinou as súas responsabilidades en favor dos intereses da empresa concesionaria, o que repercutiu en que a solución se demorase tanto no tempo, coas consecuencia para a cidadanía derivadas desta demora.
En todo caso o remate da folga é unha boa nova para a bisbarra coruñesa, agora a empresa non ten desculpa para incumprir co porcentaxe de reciclaxe de refugallos na planta de tratamento de Nostian. Mais apesares desta boa nova, EU segue a esixir por enésima vez a publicación das auditoría ambiental e económica, como práctica de transparencia do Concello. Ao tratarse dun servizo público, o cidadán ten dereito a coñecer os seus pormenores, e o que non é de recibo é que descoñezamos o grado de cumprimento das taxas de reciclaxe pactadas, independentemente de que os diferentes gobernos municipais foran devaluando as pretensións de reciclaxe iniciais.
O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes felicita aos traballadores de Nostian e as centrais sindicais CIG, CCOO E UGT pola súa determinación para defender os seus dereitos laborais e conseguir que se readmitisen aos traballadores despedidos. A readmisión dos traballadores despedidos foi froito da paciencia e das reivindicacións do conxunto de compañeiros e compañeiras que participaron nas folga e nas mobilizacións acometidas polo Comité de empresa, e só esperamos que co novo convenio, que presupón compartir entre os beneficios da reciclaxe obtida, sexa apoiada polo Concello a través de campañas de apoio a esta práctica, que non o esquezamos, resulta máis ou menos complexa en función dos hábitos que existen en cada fogar.
O voceiro de EU-V, César Santiso, asegura que “a entereza do cadro de persoal de Nostian durante os 108 días de folga son motivo de orgullo para a clase traballadora. O éxito acadado é unha demostración palpable que ante as agresións do capital a loita é o único camiño para a vitoria”.