recimil1.jpg - 10.95 Kb

Mitin Recimil

 

En “Recimil cómpren servizos e equipamentos de hoxendía, non manobras especuladoras, un Recimil para o século XXI,” sinalou a alcaldesa por Esquerda Unida.

 

En coherencia con este programa de actuación para o barrio, Yolanda Díaz afirmou que se constituirá o Instituto Municipal de Vivenda e Solo, como a ferramenta para dirixir unha operación ambiciosa e necesaria. Pediu á veciñanza a forza suficiente para liderar un proxecto alternativo para o barrio e o conxunto da cidade. “

 

Javier Galán reseñou que a participación das veciñas e vecinos de Recimil neste proceso semella clave para lévalo a bo porto. Dende unha recuperada concellería de Participación Cidadá se estabelecerán os mecanismos axeitados para propiciar a meirande participación da veciñanza nun proxecto para este século.

 

A candidata non deixou pasar a ocasión de reclamar outra forma de vida e consumo, no Día Internacional do Comercio Xusto. Lembrou as medidas que Esquerda Unida impulsou neste mandato a prol do consumo responsable e a cooperación e desenvolvemento . Esquerda Unida incrementará os recursos adicados a cooperación e o fomento dun consumo responsable neste vindeiro mandato para tentar acadar no cuatrienio o 1% do orzamento.

Relacionados