A primeira candidata de EU a alcaldía afirmou a determinación do compromiso para construír unha alternativa de esquerdas para a cidadanía farta das políticas neoliberais.
Nunha praza que adoita encherse de cativos e xente moza e maiores, Yolanda Díaz defendeu a necesidade de novas dotacións públicas para o barrio, dotacións públicas para construir unha cidade cohesionada: así sostuvo a necesidade de construír unha escola infantil e un centro de día para a dependencia no barrio.
Construír un ensanche para os peóns, para o paseo e a relación nos espazos públicos recuperados. Compromiso para humanizar o barrio e pulo a dinamización da actividade do pequeño comercio. Varios foron os temas abordados pola cadidata a alcaldesa para remudar o barrio e millorar as condicións de vida da veciñanza.
Outro dos compromisos adquiridos foi o da creación do Consello Municipal da Saúde, como espazo axeitado para propiciar a intervención da cidadanía e das asociación e para a formulación das necesidades e propostas para a millora da saúde pública da nosa cidadanía.
Na intervención Yolanda Díaz afirmou o compromiso da organización de esquerdas para coa numerosa poboación inmigrante que vive no barrio. Esquerda Unida fará bandeira dunha política de integración marcada pola prestación de servizos públicos, o fornecemento da oficina de atención ás persoas migrantes, un enfoque intercultural e o fomento do asociacionismo entre as persoas inmigrantes





