Moción Circo Artesáns

 

Non cabe dúbida que o Circo de Artesáns é unha das sociedades máis emblemáticas da Coruña, basta dicir que os tradicionais apropósitos coruñeses de Carnaval teñen os seus orixes nesta sociedade que dispón dunha importante biblioteca cuxa catalogación data de principios do século pasado. A mesma “Universidade Popular” ten os seus orixes na sociedade, así como entidades tan importantes como a Real Academia Galega ou a Asociación da Prensa.

 

Esquerda Unida presenta unha moción para instar ao Goberno municipal a abrir un diálogo coa directiva do circo de artesáns, que na súa parte resolutiva di:

O Pleno do concello da Coruña insta ao Goberno municipal a que dialogue coa directiva do Circo de Artesáns na procura de acadar un acordo mediante a sinatura dun convenio de colaboración ou similar que permita ao mesmo tempo evitar o peche do Circulo de Artesáns e o uso por parte da veciñanza coruñesa dunhas instalacións que na actualidade atópanse infrautilizadas.

 

Na actualidade o Circo de Artesáns está nunha situación agónica, a sociedade atópase totalmente afogada económicamente, ata o punto de que os seu seis empregados levan tres meses sen cobrar os seus salarios. A dita situación débese a que o grande descenso de socios, de 3.300 nos anos 80 a os actuais 160, impide facer fronte aos custos de mantemento da instalacións, así, o pagamento dos salarios dos traballadores so pode facerse grazas aos 21.000 euros que achega o Concello da Coruña trimestralmente, por mor dun convenio de colaboración no que inicialmente a sociedade permitiría o uso das súas instalacións a cidadanía coruñesa, converténdose nun centro cívico como aparece no convenio asinado.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que Concello e Circo de Artesáns acaden un convenio de colaboración que permita evitar o peche da histórica asociación e permita a veciñanza gozar dunha parte das instalacións que na actualidade están infrautilizadas.

 

Xa que a realidade amosa que as ditas instalacións non son utilizadas pola veciñanza coruñesa debido a un restritivo regulamento interno que permitiron desenvolver anteriores gobernos municipais.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “temos que apoiar a unha asociación que é memoria viva da nosa cidade, mais non o podemos facer a calquera prezo, a cambio do investimento os coruñeses e coruñesas terán un centro cívico no centro da cidade”.

 

Porque na actualidade, o Concello está a achegar 7.000 € ao mes, sen que a veciñanza poida beneficiarse da utilización dunhas instalacións de 2.300 m2 situadas no centro da nosa cidade, precisamente nunha zona onde o Concello carece de centros cívicos, pois os máis próximos da zona centro son os de Monte Alto, Os Mallos ou Labañou.

Relacionados