beirarradiv.pas.gif - 21.08 Kb

Moción construcción beirarrúa en Divina Pastora

  

Para logralo unha das labores máis eficaces e necesarias, para que os veciños e veciñas poidan transitar pola cidade seguros e con comodidade, é que existan beirarrúas que, ademais, deben cumprir cos criterios de accesibilidade e non supoñer un atranco para persoas con diversidade funcional ou con mobilidade reducida.

 

Pero EU Compostela constata, como xa fixera coa avda. do Burgo das Nacións presentando unha moción o pasado 14 de xaneiro, que na rúa Divina Pastora non existe ningunha beirarrúa pola que as persoas poidan transitar, tendo que facelo ou pola mesma estrada ou pola herba do arcén.

 

Esta situación e ben coñecida polo actual equipo de goberno, porque a construción desta beirarrúa é unha antiga demanda dos veciños e veciñas do Castiñeiriño, que dende Esquerda Unida consideramos imperativo levar a cabo porque nesa zona están ubicados, entre outras instalacións, un instituto, unha gardería ou un campo de fútbol que provocan que diariamente o transito de vehículos e persoas sexa elevado.

 

Por todo isto o Consello Comarcal de Esquerda Unida Compostela propón ao Pleno do concello de Santiago a seguinte proposta de

 

ACORDO

 

Primeiro. Levar a cabo as actuacións necesarias para corrixir as deficiencias existentes na  rúa Divina Pastora.

Relacionados