Dende Esquerda Unida queremos que os grupos políticos do concello defendan esta iniciativa no feito de que a celebración do 80º aniversario da II República preséntase como unha oportunidade relevante para recuperar con toda a súa vitalidade, pero tamén con todo o seu rigor e pluralidade, a brillantez dun período histórico que representa o antecedente inmediato da democracia de 1978 e o caminho constitucional cara á liberdade e a modernidade no noso Estado.
Ademais, considera que reclamar a súa celebración ten igual xustificación que o feito de que en 2010 celebrásese o bicentenario das independencias das Repúblicas iberoamericanas. Fai poucas semanas as Cortes recordaron o 30 aniversario do 23-F; e para o ano próximo celebraremos o Bicentenario da Constitución de Cádiz de 1812.
Dende Esquerda Unida afirmamos que outros Estados da Unión Europea celebran e honran os acontecementos que posibilitaron o seu avance democrático e político.
Ao Goberno e ás institucións correspóndelles impulsar durante este ano iniciativas de reconhecemento aos avances culturais, sociais e políticos que se produciron en Espanha durante a II República.
Dende Esquerda Unida SOLICITAMOS:
A declaración, a partir do ano 2012, a data do 14 de abril como “Día da Memoria Republicana”.
Que o acordo sexa enviado a Xunta de Galicia e Congreso dos Deputados.