A moción pretende que o pleno, en cumprimento coa declaración de principios que se expón na lei de protección dos animais 1/93, do 14 de abril, considera os animais como organismos dotados de sensibilidade física e psíquica e, polo tanto, suxeitos a gozar ou sufrir, rexeite as corridas de touros e que A Coruña chegue a ser cidade amiga dos animais.
A moción pretende dar continuidade as mocións aprobadas en múltiples concellos de Cataluña, Euskadi, Asturias e Illas Baleares nas que se tacha de inaceptable a consideración da tortura e a morte de animais como forma de diversión, aínda que respondan a unha tradición enraizada dende fai séculos. Entendemos que temos que avanzar nos dereitos dos animais, para evitarlles sufrimento inútil; recordando a frase de Gandhi: “Un país, unha civilización pódese xulgar pola forma en como trata aos seus animais”.
O Coordinador Comarcal César Santiso declarou “si xa resulta indignante destinar investimento público para eventos minoritarios nos que se maltrata animais, facelo en tempos de crise semella inmoral. Agora é o momento do investimento social e o dedicado a fomentar a creación de emprego mediante a reactivación económica local, con todo o Concello inviste máis en subvencionar as touradas que ás ONG, pois todas, excepto tres, teñen menor orzamento”.