Moción matrimonio mesmo sexo

 

A aprobación de esta lei  serviu de exemplo e inspiración para a ampliación das liberdades en moitos outros países pois produciuse un histórico avance na equiparación legal dun colectivo que foi esquecido e discriminado o longo do tempo. A aprobación do dereito o matrimonio para parellas compostas por persoas do mesmo sexo supuxo un avance democrático que amplía a protección legal de esta realidade familiar, tanto ás parellas como ós seus fillos e fillas, e supón, tras décadas de invisibilidade e marxinación, un recoñecemento da súa dignidade nunha sociedade avanzada, plural e diversa. Este feito debe producir satisfacción non só no colectivo afectado, senón tamén no conxunto da cidadanía na medida en que supón unha ampliación de dereitos e liberdades.

 

A igualdade de un colectivo ten que ser completa, o polo contrario, non o é. Por esta razón é vital respectar a liberdade de gais, lesbianas y bisexuais para elixir, no caso de querer afianzar a súa unión dende o punto de vista legal, entre un enlace en matrimonio o por unha unión de parella de feito; so así a unión de estas persoas se producirá en igualdade de condicións co resto da cidadanía.

 

O 30 de setembro de 2005 o Partido Popular interpuxo un recurso de inconstitucionalidade que cuestiona o recoñecemento do dereito o matrimonio entre persoas do mesmo sexo, opoñéndose deste modo a igualdade de facto no acceso o matrimonio e as consecuencias legais que elo supón para as persoas gais, lesbianas e bisexuais. A presentación de ese recurso supuxo unha ameaza desde entonces para todas aquelas persoas que aspiran a vivir en igualdade, e especialmente, para miles de familias compostas por gais, lesbianas e bisexuais, cos seus respectivos fillos e fillas, que levan seis anos pendentes de unha sentenza que resolva definitivamente un recurso que só persigue anular a extensión de dereitos e liberdades, que non prexudica a ninguén e sí implica dignidade e felicidade para moitas familias.

 

Esquerda Unida rexeita o recurso contra o recoñecemento ao dereito o matrimonio de parellas do mesmo sexo e por iso presenta unha moción para que o  Pleno do Concello da Coruña acorda dirixirse ao Presidente nacional do Partido Popular, Don Mariano Rajoy Brey, instándoo a retirar o recurso de inconstitucionalidade que cuestiona o dereito o matrimonio entre persoas do mesmo sexo presentado ante o Tribunal Constitucional. E que se traslade a devandita moción ás asociacións e colectivos de lesbianas, gais, transexuais e bisexuais da nosa cidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “esta é unha boa ocasión para que os grupos políticos do Concello amosen o carácter aberto e libertario da Coruña”.

Relacionados