Moción plan sociocomunitario de Vite

 

A prevención en materia de drogas, así como a atención o máis personalizada posible ante casos que requiren atención social, deben ser o piar no que se apoie unha sociedade democrática. A prevención e a loita contra a desatención social son esenciais para o fomento dunha igualdade de oportunidades. Este foi o duro traballo levado a cabo polas persoas que integraron o Plan Sociocomunitario do barrio de Vite desde finais dos anos 80 do pasado século.

A tan cacarexada austeridade, e outras falacias presentes no discurso neoliberal da Xunta de Galicia non serven para explicar a negativa por parte da Consellaría de Sanidade a manter o convenio coa asociación veciñal de Vite no ano 2011. Dende E.U. Compostela consideramos imprescindible que se manteña o convenio e que se siga desenvolvendo o traballo do Plan Sociocomunitario de Vite.

 

Esquerda Unida Compostela entende que o Concello de Santiago debe posicionarse publicamente a favor do mantemento do programa e presionar con todas as súas forzas para facer posible que o Plan Sociocomunitario de Vite se manteña. Insistimos en que nestes tempos de crise a tarefa preventiva en materia de drogas é máis importante que nunca.

 

Por todo isto, o consello comarcal de Esquerda Unida propón ao Pleno do concello de Santiago de Compostela o seguinte

 

ACORDO

 

1.     Que o Pleno inste a Consellaría de Sanidade a manter o convenio coa Asociación Veciñal do barrio de Vite para seguir desenvolvendo o Plan Sociocomunitario de Vite.

 

 

 

 

Relacionados