Moción San Xoán

 

Así o establece o Real Decreto 2001/1983, de 28 de xullo, sobre regulación da xornada de traballo, xornadas especiais e descansos, no seu artigo 46.

 

Esquerda Unida propón que o día San Xoán sexa día inhábil tal e como solicita a meirande parte da cidadanía coruñesa, na actualidade o municipio da Coruña ten definidos como días inhábiles o martes de Entroido e o 7 de outubro, festividade da virxe do Rosario, mais a inmensa maioría dos coruñeses e coruñesas consideran que tanto por tradición como pola transcendencia do acto festivo en si, o día 24 de xuño, día de San Xoán, debería ser declarado como día inhábil.

 

Efectivamente, a noite de San Xoán estase a consolidar como uns dos eventos máis importantes na nosa cidade no que se congregan milleiros de persoas xunto ao lume. Ano tras ano a participación da veciñanza increméntase notablemente, converténdose nun referente nacional. Mentres, por outra banda, a festividade do Rosario está a perder transcendencia ata o punto de case non ter repercusión, mais alá do seu significado relixioso.

 

Por iso o grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes rexistrou hoxe unha moción para que a veciñanza decida democraticamente os dous días festivos correspondentes ao municipio, solicitando ao Pleno do Concello da Coruña que acorde encomendar ao Goberno municipal que desenvolva unha consulta vinculante á veciñanza coruñesa a través dalgunha ferramenta de participación cidadá que permita a todos os coruñeses e coruñesas que o desexen participares na elección dos dous días inhábiles propios do municipio entre o martes de Entroido, o 7 de novembro día da virxe do Rosario e o día de San Xoán.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “os poderes públicos teñen a obriga de atender as demandas da cidadanía, actuando con flexibilidade e perspicacia diante do sentir maioritario, San Xoán debe ser festivo”.

Relacionados