Esta actividade pública de concienciación social semella para a nosa organización unha magnífica oportunidade para manter na rúa a visibilidade dunha problemática inaceptable nunha sociedade que se quer formada por iguais. Esquerda Unida aposta por manter no espazo público unha iniciativa concebida para botar luz e facer visible unha realidade inaceptable.
Non podemos senón rexeitar que se reclúa no interior do concello unha actividade que necesita da luz pública, do contacto coa cidadanía crítica, do achegamento ás persoas para facer posible a derrota dunha violencia que fire ás mulleres e encadea a toda a sociedade as peores formas do dominio patriarcal.
Pedímoslle á concellería de Igualdade que retome o espazo público no que se viñan desenvolvendo estas iniciativas, que requiren para fornecer a súa eficacia das olladas da cidadanía.