Negreira e o interese xeral

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes considera un escándalo inaceptable que o alcalde interpoña os intereses particulares dos seus diante dos intereses xerais, ao declarar que retrasa as decisións da Pokemón para non danar a “familias”, un argumento desesperado para tratar de defender o indefendible, facendo ver que as decisións sobre a reorganización do goberno local non afectaría unicamente ás persoas elixidas para os cargos e tamén afectaría a persoas inocentes do entorno destes. As verbas exactas foron que “en estos momentos en que la jueza lleva dos años actuando y aún no hay hechos probados ni concluyó el sumario creo que no debemos tomar decisiones irreversibles para las personas y sus familias”.

Esquerda Unida considera que  o atraso de Negreira no cese de corruptos dana irreversiblemente a credibilidade do concello, das institucións e até a propia democracia. Na administración o interese xeral prima sobre o interese particular, este principio se recolle na constitución española. Por iso EU defende que cando existe a máis mínima sospeita sobre a comisión de ilícitos por parte dun responsable político este debe ser separado das súas funcións como medida de precaución. Cando a actuación é precisamente a inversa, o que se está causando son danos ireversibles para a sociedade, unha decisión especialmente irresponsable cando as sospeitas de ilicitude están avaladas con probas documentais.

O Voceiro de EU-V, César Santiso, preguntouse “a que familia refírese Negreira cando alega a súa defensa? As verbas do alcalde son máis propias dunha organización mafiosa que política. Falar de protexer a familias ante casos de redes clientelares e tráfico de influencias semella sacado dun libro de Mario Puzo”. Semella que no bipartidismo non importa a falla de ética senón unicamente as condenas xudiciais.

Negreira semella coñecedor e cómplice necesario das irregularidades do seu goberno, simplemente está a esperar ao que ditamine a xustiza, porque Negreira non quere destituir aos concelleiros que delinquen senón aos que pilla a xustiza”.

Relacionados