Lei de Financiamento de Partidos

“Este Proxecto chega sen ningún debate; polo que é un texto insuficiente, con intencións veladas, que impiden de facto a rexeneración democrática”, sinalou. Para Díaz, “o texto non fala de prever a corrupción ou de como deben funcionar economicamente os partidos políticos, polo que non é transparente”. E continuou: “Este proxecto afástase máis do que está a reclamar a cidadanía, xa que non hai participación democrática no financiamento dos partidos políticos”.

É por iso que a coordinadora de Esquerda Unida e viceportavoz de AGE pediulle ao presidente da Xunta a comparecencia na Cámara co fin de “pedir perdón á cidadanía” e devolverlle a esta unha “ética que, por desgraza está alonxada das súas políticas”.

Dende Esquerda Unida lamentamos profundamente que este proxecto de lei de financiamento dos partidos políticos e das fundacións e asociacións a eles vinculadas, que non é claro nin transparente, pase a ser debatido en Comisión tras ser aprobado este martes, cos votos dos deputados do Partido Popular.

Relacionados