Pola paralización das Reválidas

Neste sentido, Vázquez afirmou que “as reválidas non melloran o sistema actual de avaliación, pero tampouco o pretenden, non están concebidas para mellorar a avaliación. A súa función e realizar rankings de centros para potenciar os de mellor resultado”, sinalou. “O artigo 89 da LOMCE é moi claro a este respecto, e di que as probas serán estandarizadas e deseñaranse para establecer valoracións e comparacións equitativas. O artigo 90 tamén di que estes resultados terán indicadores comúns, polo tanto as reválidas están concebidas para medir, comparar e clasificar, o recoñece a propia LOMCE”, explicou.

Neste senso, “o noso desacordo emana do carácter discriminador e inxusto destas probas”. “Non se pode comparar un centro educativo dun barrio periférico de Vigo cun centro concertado do centro de Ourense; é unha aberración na educación. É unha realidade educativa desvirtuada”.  Respecto a isto, “a Confederación Galega de ANPA de Centros Públicos tamén demanda que se paralicen estas probas e teñen remitido información aos pais e nais para que non leven aos nenos e nenas ás escolas na data das avaliacións de 3º de Primaria previstas para este curso”, comentou.

As familias non teñen porque someterse a esta chantaxe. Por iso, hai concellos, como os de Ourense, onde teñen habilitados mecanismos para as familias que non queiran mandar aos nenos e nenas á escola. Pero non é necesario, a familia tamén pode mandar un escrito”, explicou.

Dende a área de ensino de Esquerda Unida manifestamos a noso pleno apoio ás familias que non queren someter aos seus fillos e fillas a un proceso evaluador que non ten ningunha finalidade educativa de mellorar a aprendizaxe, senón só ten unha vontade de segregación.

 

Denunciamos a aberración pedagóxica que representan as reválidas xa que someten ao alumnado a unha presión engadida innecesaria, ademais de desprestixiar e atacar o labor de mestres e mestras, que son quen desenvolven, de forma progresiva e continuada, ao longo de todo un curso a tarefa de avaliar a evolución do proceso de aprendizaxe, algo que non pode realizar, desde logo, unha proba puntual, estandarizada.

Relacionados