sanidade.jpg - 3.91 Kb

O PP e a sanidade

 

A escusa para este gravísimo incumprimento e para as mentiras verquidas durante tantos meses  é bastante sinxelo para o PP:  a culpa a ten a crise e en definitiva os recortes orzamentarios son culpa das políticas de axuste en gasto público impostas polo Goberno P”SO”E-ZP (apoiado tamén polo PP´aínda que queiran ter mala memoria).  E con isto quedan tan alegres e agardando  aínda sacar  réditos electorais. Claro está que o Goberno dos impostores ao servizo do capital presidido por Zapatero son tamén responsables. Pero agora xúntanse a fame coas gañas de comer, xa que non é nada novo que o PP  RECORTE INVESTIMENTO EN GASTO SOCIAL e que prepare o terreo para privatizar a sanidade, buscando de paso escudarse nas decisións doutros que van no mesmo camiño por moita careta de esquerda que  presenten.  O sindicato comarcal de Arousa de Xubilados de Pensionista de CC.OO. precisamente a semana anterior comparecera nunha roda de prensa esixindo ao PP que non xogara máis a mentir sobre o Hospital do Salnés nin sobre o intencionado retraso na construción do necesario novo centro de saúde en Vilagarcía, que por certo a tropa de Feijóo esixía moi solemnemente como urxentísima cando aínda non retornara a controlar a Xunta. Aquí temos a cínica resposta, que xa tivo tamén nos medios informativos unha repulsa de EU amplamente recollida. O seguinte paso e impulsar novas medidas de mobilización na rúa.  Ah, si está vostede nunha longa lista de espera na sanidade pública por razón de problemas de saúde, non se queixe e faga o tempo visitando o Gaiás,  maravillosa  inversión pública para beneficio duns poucos espabilados que así sempre poden pagar a sanidade privada.

Relacionados