Novo modelo turístico

 

Os datos evidencian a situación crítica que vive o sector, que veu reducida un 15% a ocupación en relación co ano pasado en relación co ano anterior Unha ocupación inferior ao 65% Uns unha ocupación, inferior ao 65%, que manexa o sector hostaleiro son alarmantes, pois reflicten que non se chegou ao unha redución dun 15% en relación co ano pasado.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes achaca o descenso de turistas na Coruña durante a semana santa á crise sistemática e as erróneas actuacións municipais como o peche da Torre de Hércules. Non cabe dúbida de que os factores conxunturais como a grave crise económica que estamos a vivir e os continuos recortes que está a aplicar o PP, tanto no Goberno central como na Xunta de Galicia, están a afogar ás familias traballadoras que en moitos casos non poden permitirse o pagamento duns días de vacacións, son determinantes. Máis tamén é certo que existen outros factores que provocan que a nosa cidade non sexa a elixida por un grande número de turistas, como o peche da Torre de Hércules, a nosa maior sinal de identidade, ou a mala imaxe que reciben os visitantes da nosa cidade cando observan o burato do Parrote, os locais comerciais do centro baleiros e faltos de mantemento, as rúas sucias, as tendas moitas veces pechadas cando chegan os cruceristas, os barrios da periferia en situación de subdesenvolvemento ou cando se coñecen que os bañistas non están protexidos durante toda a temporada de baños debido a que o servizo de socorristas comeza e pecha un día determinado sen ter en conta a situación climatolóxica local.

 

Esquerda Unida propón un novo modelo turístico que sexa quen de adaptarse a nova realidade económica que nos toca vivir. Un modelo baseado na capacidade de explotar as riquezas naturais da nosa terra, poñéndoas en valor e así apostar por un turismo caracterizado polo seu carácter ecolóxico, sustentábel, cultural e gastronómico, un turismo emerxente que cada vez ten maior potencialidade, tanto para os usuarios internos como para os usuarios europeos que cada vez demandan un turismo sustentábel e de calidade diferenciado co manido turismo de sol e praia. En definitiva trátase de dotar ao noso sector turístico das ferramentas necesarias para ofertar un valor engadido que lle permita ser máis eficiente e competitivo e desta maneira converterte nun axente activo na recuperación económica local e no relanzamento da riqueza natura do noso contorno, para que o investimento en mellorar a calidade do noso medio ambiente sirva tamén como unha oportunidade de negocio e xeración de emprego.

 

César Santiso esixiu ao Goberno municipal o desenvolvemento dun plan estratéxico para o sector turístico participado polos municipios da bisbarra e mesmo doutras comarcas e da costa da morte.

 

Santiso entende que A Coruña, como motor económico da bisbarra e da provincia, debe liderar a coordinación entre os distintos municipios para ofertar, de maneira coordinada todos os recursos que dispoñen estes municipios e definir rutas turísticas pensadas para adaptarse a situación actual e atraer a este novo tipo de turismo emerxente que cada vez ofrece maior potencialidade, e en definitiva, fornecer o noso sector turístico.

 

Relacionados