O novo atasco de San Andrés amosa a necesidade do PIMUS

 

 

O caos circulatorio vivido onte en San Andrés, aínda que se debeu a un acto de falta de civismo, pon de manifesto a urxente necesidade dunha actuación integral en materia de mobilidade. Como expresou César Santiso, coordinador comarcal de EU, “o problema de mobilidade na Coruña so se soluciona con vontade e valentía política. En Esquerda Unida a temos, proba de elo é o PIMUS que estamos a desenvolver”.

 

Xa que logo, Esquerda Unida propón o desenvolvemento dun Plan Integral de Mobilidade Universal e Sostible (PIMUS) elaborado mediante participación cidadá no que colabore a veciñanza, os movementos ecoloxistas e as distintas forzas políticas que queiran participares.

 

Consentes do grave problema de mobilidade da nosa cidade, o Consello Comarcal de EU Coruña leva meses desenvolvendo o devandito PIMUS baseado nun transporte público amplo, eficaz, económico, universal e sostible que permita a veciñanza desprazarse por toda a cidade con comodidade e puntualidade, ao tempo que evite a multitudinaria entrada de vehículos na nosa cidade mediante a creación de grandes aparcadoiros disuasorios, públicos e gratuítos, nas principias entradas da Coruña, que estean  perfectamente conectados co resto da cidade mediante transporte público, para evitar os xa habituais colapsos.

 

O Plan considera fundamental a ampliación do cadro de persoal da Policía Local así como unha mellora nas dinámicas de traballo que permitan incrementar radicalmente a súa eficacia para, así, facer cumprir a normativa municipal e loitar contra a dobre fila, auténtica praga en materia de mobilidade.

 

A execución do PIMUS, acabaría cos problemas de mobilidade na cidade, ao reducir o tráfico e, xa que logo, melloraría a calidade de vida, reduciríase a pegada ecolóxica e as emisións de CO2, principal gas causante do efecto invernadoiro e o quecemento global, ao tempo de converter A Coruña nunha cidade menos dependente do petróleo, fonte de enerxía que se está a esgotar. 

Relacionados