PXOM de Ponteareas

Os partidos con representación na corporación, en conivencia co goberno municipal, manexaron os documentos previos como algo da súa exclusiva propiedade, furtando unha exposición pública adecuada.

Están xurdindo varias dúbidas técnicas, entre elas o tratamento sobre múltiples edificios que están por riba da edificabilidade da mazá á que pertencen.

A consecuencia disto, estase dando unha grande afluencia de veciños que pasan polas oficinas municipais a informarse.

Consideramos pertinente introducir unha pausa nos prazos de tramitación  do PXOM, evitando présas antidemocráticas que impidan unha adecuada supervisión pola veciñanza e colectivos que coma Esquerda Unida non puidemos acceder a esta documentación dende o inicio da súa xestación.

En vista de todo isto, Esquerda Unida rexistrou hoxe no concello unha solicitude para  que se alongue un mes máis a exposición ó público do PXOM, mantendo  o servizo de asesoramento técnico para a xente que o solicite.

 

Relacionados