O Parlamento de Galicia retirou a palabra ao deputado de En Marea, Manuel Lago, por dicir que o PP é “o partido dos herdeiros de Franco, das amizades perigosas con narcotraficantes, o partido da corrupción, da acollida aos vellos fascistas e defensa da Fundación Francisco Franco, dos recortes, da precariedade e pobreza laboral, do Yak-42 e o do accidente de Angrois”.
Ese mesmo día, En Marea solicitaba no pleno do Parlamento de Galicia a creación dunha comisión de investigación sobre o acontecido en Angrois por xustiza coas vítimas e con toda á cidadanía. PP e PSOE comparteron discurso e trataron de agochar as súas responsabilidades no accidente dicindo que “o Parlamento de Galicia non é o lugar axeitado“.
Hipocrisía, mentiras e falla de sensibilidade, unha vez máis, no pleno do Parlamento para evitar que se coñeza a realidade e con ela, as responsabilidades políticas. A creación dunha comisión de investigación foi denegada polos votos do PP e a abstención do PSOE.