p020311_20.191.jpg - 6.15 Kb

O PP, irresponsable e chapuzas

 

 

Xosé Henrique González Lago foi chamado por algúns veciños para que mirase insitu o descontrol do PP nas obras públicas co lema “aquí todo vale o caso é facer”, González Lago quedou paralizado cando na fonte pública da rúa de Abaixo encontrouse cun artiluxio prefabricado pola empresa que esta a realizar as obras de reparación de beiraruas.

 

Varios veciños non saian do seu asombro o ver que a empresa conectaba o cano dunha fonte pública un artiluxio para canalizala ata a súa obra. Mais chamativo foi que dito artiluxo non foi retirado o acabar a xornada laboral, senón que o deixaron colocado, cunhas pedras (ver fotos) para que a augas non saíse do perímetro do desaugue, causando un malestar e importunios para encher as botellas e garrafas dos usuarios. Un descontrol, falta de planificación, e sobre todo de non revisar o que se esta facendo,  e o que queremos denunciar xa que dunha fonte publica non se debe de extraer auga para unha obra cando a un metro da fonte existe un enganche de auga da traída.

 

Esto só pasa en Ponteareas.

Relacionados