Xuntanza EU AVV Os Castros-San Diego

 

A xuntanza foi solicitada por Esquerda Unida para tratar a problemática da eliminación das paradas de bus que pasan pola zona vella do barrio. A reunión desenvolveuse de maneira moi produtiva durante máis de hora e media, na que Esquerda Unida tamén aproveito para explicar o Plan Integral de Mobilidade Universal Sostíbel (PIMUS) que está a desenvolver ao tempo que solicitou que a veciñanza a través da AVV. achegase as propostas que consideren oportunas ao devandito plan.

 

O consello comarcal de EU Coruña solidarizase coa veciñanza e esixe ao concello que repoña as paradas eliminadas xa que supón un grave prexuízo para unha zona do barrio onde viven moitas persoas maiores. A eliminación das paradas supoñen ao redor do 20% do servizo segundo indicou Milagros Vieitas. Proba disto é o feito que a AVV. ten recollidas, tan so na zona afectada do barrio, máis de 1500 sinaturas para que se restitúan as paradas eliminadas polo concello.

 

César Santiso, coordinador comarcal de EU, indicou que “necesitamos máis transporte público para reducir o número de vehículos en circulación pero con todo o Goberno municipal reduce as paradas de bus”.

 

Ambas delegacións coincidiron en manter novas xuntanzas para debater as achegas da veciñanza e afondar no estudo e explicación do PIMUS.

 

Esta xuntanza enmárcase dentro da rolda de contactos que o Consello Comarcal de Esquerda Unida A Coruña está a desenvolver co tecido asociativo coruñés na procura de avanzares no proceso de participación cidadá que EU pretende promover. Por iso, a intención da nosa organización é manter este tipo de xuntanzas semanalmente durante tempo indefinido para achegar a política municipal a veciñanza e movementos sociais.     

Relacionados