Persoas non gratas

Para ESQUERDA UNIDA é o tratado o que permite á Comisión Europea a coordinación das políticas industriais dos países membros. Lembra que o artigo 157, modificado no Tratado de Niza, deixou en evidencia que o sector naval en Galicia non interesa o máis mínimo a Bruselas.

Rubén Pérez, coordenador local de ESQUERDA UNIDA consideran que Almunia somentes actúa en base a asunción do PSOE e do PP destas políticas herdeiras dun modelo de construcción europea profundamente inxusto e con diverxencias industriais máis que notorias; permite a gobernos manter e incluso alimentar con cartos públicos industrias que consideran estratéxicas (sector naval, aceiro e mesmo carbón…) e condena ao estado español a facelas desaparecer en aras dunha converxencia fictícia.

Relacionados