Plan de Travesías

 

A realización desta infraestrutura conta co respaldo unánime da veciñanza da zona e resta pendente de facerse sen que coñezamos no día de hoxe os motivos da súa non execución.

 

Esta obra orzamentouse ao abeiro do Plan de Travesías 2008-2011 da Deputación provincial, na primeira metade de 2008,  aprobándose na sesión de 29 de febreiro e publicándose no BOP de 12 de abril.  Catro anos após semella tempo abondo para terse realizado.

 

Javier  Galán  inquiriu na Comisión  a cerca da execución desta obra e dos cartos públicos afectos á mesma, quedando enrriba da mesa a contestación do Goberno Municipal para os próximos días. O concelleiro de Esquerda Unida insistiu na relevancia da obra.

 

A importancia da obra resulta correlativa ao volume do investimento e semella necesario acometela xa para satisfacer unha necesidade de seguridade vial da veciñanza. Esquerda Unida continuará nas vindeiras datas facendo o labor de seguimento deste investimento público para a parroquia de Covas.

Relacionados