Botellón

 

O alcoholismo xuvenil ben ligado doutros parámetros como os altos índices de fracaso escolar, de obesidade infantil ou de paro xuvenil,  o que ven a demostrar que o estamos a facer mal en canto a políticas de mocidade.

 

Esquerda Unida propón un pacto a longo prazo para mellorar a situación da mocidade coruñesa, un pacto que permita chegar á raíz do problema, configurando e dotando orzamentalmente un plan a dez años vista cuxa aplicación no dependa da alternancia no Goberno municipal, cuxos obxectivos sexan mellorar os hábitos alimentarios e de saúde da mocidade, promover o ocio baseado no deporte, no arte e na cultura ao tempo de avanzares no espírito social, solidario e de respecto polos dereitos. Asemade o plan debe incidir en mellorar os niveis de competencia académica, dominio do inglés, competitividade e espírito emprendedor para equiparnos aos niveis de países máis avanzados.

 

O grupo municipal de EU-V considera que o Concello ten a obriga de desenvolver os mecanismos necesarios para conciliar o dereito de reunión da mocidade co dereito ao descanso da veciñanza, por iso a curto prazo propoñemos habilitar zonas reservadas onde a mocidade poida reunirse sen molestar aos veciños. Condicionando a existencia destes espazos a unha correcta autoxestión pola propia xuventude, ao tempo que se fomenten actividades alternativas desenvolvidas por ONG especializadas nestes temas que permitan a redución do consumo do alcohol entre a nosa mocidade.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “estamos dispostos a manter un diálogo fluído e a negociar para acadar un pacto institucional, mais entre as nosas propostas non contemplamos a mera prohibición sen solucións alternativas, pois consideramos que o cambio deste tipo de dinámicas que teñen a súa base na crise de valores da sociedade e na falta de perspectivas que lle presentamos a mocidade, requiren dunha actuación integral. Polo que sería imposíbel facer cumprir unha ordenanza baseada no prohibicionismo, así pois aprobala sería un exercicio de enorme hipocrisía por parte da corporación municipal, agachando o problema sen pretender resolver o drama do alcoholismo xuvenil, que está a desangrar a nosa mocidade”.

Relacionados