Dende, xa queremos manifestar ó goberno municipal a nosa disposición a apoiar tódalas iniciativas pernitentes, incluido o desplazamento a ditas administracións, para que se busquen as solucións.
2.- O 9 de decembro de 2009, o responsable da xestión da oficina de rehabilitación asina un informe do criterio que se ven aplicando na oficina, sobre a disposición do réxime de fóra de ordenación e a súa aplicación no referido art. 8.3 da ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación, como consecuencia das dúbidas que xurden nos órganos competentes do concello.
En dito informe se solicitaba unha modificación do art. 8.3 da ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación.
¿Cál é o motivo polo cal non se procede á modificación do punto 8.3 da ordenanza reguladora das axudas á rehabilitación?
3.- Ante as graves consecuencias que o fóra de ordenación acarrea para os propietarios:
¿Cre necesario o goberno municipal fixar un criterio interpretativo do ártigo 203 apartado a) do PXOM e a súa causa de fóra de ordenación, ante as discrepancias existentes?
¿Cre necesario o goberno municipal fixar un criterio interpretativo do ártigo 203 apartado e) do PXOM e a súa causa de fóra de ordenación?