Pohibición do botellón

O experto en alcoholismo subliña que é a primeira causa de morte entre a mocidade de 18 a 25 anos por mor dos accidentes de tráfico.

 

As súas declaracións contrastan coas realizadas semanas atrás, co respecto ao fenómeno do “botellón”, polo primeiro tenente de alcalde e concelleiro de seguridade do novo goberno municipal, Julio Flores, que busca a súa crimenalización. 

 

Esquerda Unida mantén a súa postura a favor da derogación da actual “Ordenanza para regular la Convivencia y el Ocio en el Espacio Público”, por considerala lesiva contra os dereitos dos cidadáns, particularmente contra o dereito de reunión, e de marcado carácter recaudatorio. A devandita regulación, que xa leva vixente dende o ano 2008, non ten solucionado os problemas derivados do botellón, ao tempo que se ten amosado como norma limitadora de dereitos constitucionais básicos. O texto normativo non inclúe máis que unha referencia ao alcohol, de carácter programático, non regulador; o que da boa conta das verdadeiras intencións do mesmo.

 

A ineficacia da normativa vixente xa foi analizada por Esquerda Unida con anterioridade e pódese comprobar na práctica. Non se solucionará o problema da inxesta de alcohol por parte de menores de idade mediante a vía da prohibición, neste senso recalcar que o feito de que sexa o conselleiro de seguridade quen se encargue desta problemática amosa a pouca vontade do PP de dar unha viraxe neste asunto.

 

Segundo declarou Francisco Novoa, responsábel de dereitos sociais do consello comarcal de EU Coruña, “atallar o botellón mediante a vía policial só pode significar novas restriccións a un dereito fundamental como é o de reunión. En ningún caso esta pode ser a vía a seguir polo goberno local se quere contar có noso apoio nesta materia.”

 

O responsábel da Área de Mocidade, Jorge Crego, considera que só mediante diálogo coa mocidade coruñesa e participación cidadá poderase comezar a artellar unha resposta a problemática derivada deste fenómeno.

Relacionados