Pola diversidade sexual

 

O consello comarcal de EU Coruña considera que seguen existindo actitudes e ideas erróneas que producen o illamento das persoas LTBI, xa que logo, comprométese a traballar pola igualdade, contribuíndo desde as institucións locais a romper as barreiras que aínda existen para conseguir a plena igualdade real.

 

A responsábel de comunicación de EU e terceira cabeza de lista, Luz Ponte, afirmou “non podemos esquecer que en setembro do 2010 dous rapaces foron agredidos nos xardíns de Mendez Nuñez por ir collidos da man pola rúa. Moitas persoas seguen a vivir a súa sexualidade oculta, a ser discriminados ou a ter verdadeiros dramas familiares ó non ser aceptados. Moita xente vese obrigada a vivir na invisibilidade e nalgúns casos na marxinalidade”.

 

Luz Ponte, terceira candidata na lista de EU e responsable de comunicación afirmou “Non podemos esquecer que en Setembro do ano 2010 dous rapaces foron agredidos nos xardíns de Mendez Nuñez por ir collidos da man pola rúa.

 

Luz Ponte declarou que “Esquerda Unida sempre defendeu a liberdade sexual, o matrimonio homosexual foi un gran paso cara a igualdade, pero aínda queda moito camiño por percorrer por parte das institucións públicas”

 

Esquerda Unida reivindicará no concello e en todos os demais foros nos que estea presente as seguintes medidas:

-Creación da Concellaría da Muller e Identidade de Xénero, con persoal específico e con dotación orzamentaria suficiente. Esta Concellaría non só ten o obxectivo de realizar políticas específicas dirixidas a mulleres ou os colectivos LGTBI, senón tamén, de propor e coordinar as políticas transversais realizadas desde outras áreas do concello, en especial as relativas aos Plans de Igualdade Municipais.

-Elaboración dun plan contra a discriminación por razón de sexo ou orientación sexual nos centros escolares coordinado polas institucións locais e impartidos por entidades e colectivos de LGTBI para desenvolver o coñecemento da diversidade sexual.

-A promoción de campañas de información social que denuncien os comportamentos lesbo e homofóbicos e promovan comportamentos e actitudes de respecto e igualdade.

-Reivindicar ante o resto de Administracións unha lei integral contra a LGTBI-fobia que penalice as discriminacións por orientación sexual ou identidade de xénero.

-A completa supresión de requisitos, contidos, mencións e signos discriminatorios cara a calquera opción afectivo-sexual promovidos desde instancias tanto públicas como privadas.

-A retirada ou denegación de calquera axuda ou subvención por parte das administracións públicas a aquelas entidades tanto públicas como privadas que pola súa ideoloxía ou actividade incorran en calquera manifestación de homo ou lesbofobia.

-A normalización da transexualidade, que inclúa programas e medidas orientadas a favorecer a súa integración social e laboral e a combater o rexeitamento e a discriminación que sofren os e as transexuais. Loitar pola despatoloxización da transexualidade.

-Nos casos de expulsión do fogar familiar por razón da opción sexual, as administracións públicas deberán facilitar aos e as mozas nesta situación a axuda tanto emocional como material necesaria: apoio psicolóxico, orientación xurídica, pisos de acollida para mozas, bolsas de estudo, pensións de manutención e outras.

A esixencia a todos os países ou rexións que se beneficien das políticas de cooperación ao desenvolvemento cos concellos da garantía de non discriminación e respecto aos dereitos de gais, lesbianas e transexuais nos seus territorios.

Asistencia social para aquelas persoas fuxidas dos seus países de orixe como consecuencia da discriminación e marxinación que padecen pola súa condición de gais, lesbianas ou transexuais. As administracións locais instarán da estatal a concesión de asilo para estas persoas.

 

Relacionados