Asemblea de brarrio Mallos-Sagrada

 

Nas intervencións trazaránse, de maneira somera, as liñas básicas do programa municipal de EU-V, para de seguido dar a voz a veciñanza para preguntar,  suxerir, achegar e debater sobre os problemas do seu barrio en particular e da cidade en xeral.O desenvolvemento deste novedoso formato de acto pretende avanzares na democracia real, na democracia participativa, aquela na que mediante participación cidadá e orzamentos participativos a veciñanza teña poder de decisión e así a sociedade participe na política coruñesa.

 

Este foi o formato de acto asembleario que tamén se desenvolveu o pasado venres no CEIP Raquel Camacho coa participación de César Santiso e Luz Ponte, 1º e 3ª cabeza de lista respectivamente. A asemblea do barrio Agra-Mariñeiros empezou cun recordo ás vítimas de Lorca e coa promesa de destinar o 1 por cento do gasto en campaña aos afectados polo terremoto. Así mesmo os asistentes puideron solidarizarse e colaborar economicamente coa causa.


Luz Ponte, explicou aos asistentes o formato da asemblea, que emitiuse a través de Ustream-TV, e o fin que persigue, a participación cidadá para empoderar a veciñanza.

 

Santiso, achegou as principais propostas de EU-V como a reactivación económica a través dun cambio do modelo produtivo máis sustentábel e menos dependente do petróleo, a través do Servizo Integral de Apoio Municipal a Emprendedores (SIAME) que os axude a cubrir as necesidades básicas en temas burocráticos e administrativos ás que se enfrontan nas primeiras etapas. A mobilidade universal e sostíbel é outra de iniciativas recollidas no seu programa electoral.

Logo desenvolveuse un edificador debate onde no que se trataron as inquedanzas da veciñanza, nun acto que tivo máis de hora e media de duración. Ao rematar o acto Santiso subliñou que EU-V pretende desenvolver unha repartición orzamentaria segundo as necesidades de cada barrio, para que a veciñanza, en asembleas democráticas decida o seu investimento. “porque, quen mellor que a propia veciñanza para saber os problemas do seus barrios e decidir os investimentos básicos en equipamentos”.

 

Esquerda Unida emite os seus actos en directo a través de USTREAM, podes seguir dende aquí a Asemblea dos Agra-Mariñeiros

Relacionados