Pontevedra. Propostas inmigración

 

Rubén Pérez, nº 1 da candidatura de EU ao Congreso dos Deputados por Pontevedra,  considera que a inmigración debe abordarse como un feito estrutural que transforma e enriquece á sociedade receptora, o que implica o necesario desenvolvemento dun conxunto de políticas orientadas cara unha cidadanía baseada nos principios de universalidade dos dereitos humáns e da interculturalidade.

 

Esquerda Unida aboga por garantizar e mellorar os dereitos dos migrantes e asegurar o seu cumprimento, para EU no ámbito da Unión Europea carécese dunha política real de inmigración común. Esta serviu prioritariamente para adoptar medidas de control e selección dos desprazamentos migratorios, a extranxería e o blindaxe das fronteiras comúns, todas elas cun claro carácter represivo e egoísta, como o bloqueo de calquera tipo de inmigración que non sexa de carácter laboral ou unha Lei de Extranjería española inxusta e inmoral.

 

Entre outras medidas, EU propón :

 

         Respecto e a aplicación dos tratados internacionais de dereitos humán e de loita contra o racismo e a xenofobia.

         Rechazo das medidas ou instrumentos que tendan a impedir o dereito a emigrar consagrado na Declaración Universal dos Dereitos Humáns.

         Modificacións lexislativas en materia de estranxeiría e asilo: Lei de dereitos e liberdades dos Extranxeiros  en España que derogue a actualmente en vigor e a eliminación da sanción de expulsión pola simple estancia irregular.

         Peche dos Centros de Internamento para Extranxeiros.

         Reforzo dos instrumentos de loita contra a explotación laboral, o tráfico e a trata.

         Garantir a acollida e tutela de menores estranxeiros non acompañados ou en desamparo.

         Acceso pleno das mulleres inmigrantes ás medidas e plans de protección contra o maltrato e a violencia de xénero (trata e prostitución)

         Potenciar o asociacionismo de emigrantes e retornados.

Relacionados