Por un Concello sustentábel

 

Así, a través dun programa piloto con 50 familias e con xornadas de formación máis a elaboración dunha guía, fomentaranse novos hábitos de consumo máis sustentábeis, iniciativa que valoramos positivamente, con todo Esquerda Unida esixe ao Goberno municipal que de exemplo e que faga do Concello un “fogar sostíbel”. Pois a pegada ecolóxica da actividade municipal é totalmente insustentábel cun consumo enerxético desmesurado debido ao exceso lumínico existente nas dependencias do Concello e o mal uso que se fai del, así como do sistema de calefacción e aire quente con temperaturas excesivamente elevadas en inverno e baixas no verán o que ven a supoñer un grande malgasto enerxético, maior aínda si temos en conta as carencias en canto illamento térmico en moitas das dependenzas municipais.

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes propón que o Concello desenvolva unha auditoría interna ambiental para cambiar hábitos administrativos e facer un uso responsábel dos recursos. Así podería desenvolver un plan, non so para resolver as eivas descritas anteriormente, senón para reducir o elevadísimo uso de papel e das fotocopiadoras mediante un incremento da utilización de información dixital nos procesos administrativos, ou mesmo unha utilización máis responsábel da auga, pois as billas teñen un sistema de apagado automatizado que mantén a saída de auga durante un longo período de tempo provocando un enorme malgasto ou mesmo os inodoros non incorporan sistema de dobre pulsación.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “é unha boa iniciativa, na liña das nosas propostas, máis o Goberno municipal debería incidir primeiro no propio Concello na procura de que a súa propia actividade sexa moito máis sustentábel, porque os poderes públicos deben predicar co exemplo”.

 

Relacionados