Fracaso da loita contra a dobre fila

 

Baixo este prisma o Goberno municipal iniciou unha campaña contra os vehículos estacionados en dobre fila, paradas de autobús e zonas de carga e descarga que dende Esquerda Unida saudamos no seu momento.  Mais os datos do mes de setembro son claramente desalentadores.

 

Esquerda Unida afirma que a campaña contra o estacionamento indebido está a fracasar por falta de efectivos policiais. Calquera coruñés pode observar como diariamente prodúcense centos de infraccións debido ao estacionamento indebido, incluso nalgunhas rúas pode observarse ata mais dunha ducia de aparcamentos en dobre fila simultáneos.

 

Neste sentido, o voceiro de EU-V, César Santiso, indicou que “vive afastado da realidade quen considere que a loita contra a dobre fila cumpriu as expectativas, cando a media diaria tan so arroxou 12 infraccións e dous retiradas.

 

Por outra banda a incorporación de 15 novos policías locais e a reorganización anunciada semellan claramente insuficientes si o Goberno municipal pretende desenvolver as patrullas de barrio e loitar activamente contra os aparcamentos indebidos. Xa que logo, o grupo municipal de EU-V esixe unha reorganización efectiva da policía local que incluía un incremento axeitado do seu cadro de persoal para dispoñer dun servizo que responda as expectativas da nosa cidade.

Relacionados