Recortes en sanidade

 

Esquerda Unida considera que o real decreto lei de medidas urxentes constitúe un ataque brutal contra toda a sociedade, especialmente para as familias traballadoras e as persoas que sofren máis a crise. Medidas como a desaparición da carteira de servizos financiados integramente polo sistema sanitario do transporte sanitario non urxente pode significar a ruína de moitas familias.

 

Lembra Esquerda Unida que actualmente a carteira de servizos cubre aos doentes que teñen que trasladarse aos centros sanitarios para tratamentos como ós doentes de diálise, tratamentos oncolóxicos e hematolóxicos, rehabilitación, etc. Tamén inclúe o traslado de pacientes entre comunidades autónomas, podendo ser transporte sanitario terrestre, aéreo ou marítimo. Todo isto co Real Decreto Lei pasa á Carteira común suplementaria ou de servizos accesorios do Sistema Nacional de Saúde, no que a porcentaxe de apartación do usuario rexerase polas mesmas normas que regulan a prestación farmacéutica e sen que se aplique ningún límite de contía á aportación do usuario.

 

Xa que logo, Esquerda Unida – Os Verdes afirma que o Goberno do PP condena a ruína a moitos pensionistas que necesiten uso intensivo da prestación de traslado ao centro sanitario ao ter que pagar o 10% sen límite de cuantía. Así os galegos e galegas, debido a grande dispersión no rural, serán os máis damnificados do sacrificio que se vai a pedir a toda a poboación que teñan que utilizar a prestación do transporte sanitario por non poder facelo mediante a utilización de transporte ordinario para desprazarse a un centro sanitario ou ao seu domicilio tras recibila atención sanitaria correspondente vai a ser especialmente á poboación maior do rural, que a parte de ter unhas das pensións máis baixas do estado, vai ter que pagar tamén polas medicinas que necesita.

 

A executiva nacional de EU considera que as medidas do decreto suporán un grande sacrificio para as familias traballadoras e os máis necesitados mais o aforro aproximado tan so será duns cinco millóns de euros.

 

Respecto a inclusión por este RDL da prestación ortoprotésica na Carteira común suplementaria do Sistema Nacional de Saúde, Esquerda Unida lembra que na Orde pola que se regula a prestación ortoprotésica na Comunidade Autónoma de Galicia, inclúe as próteses cirúrxicas fixas dentro desa prestación en consonancia co que pon a lei de cohesión e calidade do SNS.  Para esta prestación os importes máximos de financiamento aprobaranse por orden do ministerio de sanidade, co que no queda garantida por lei a súa gratuidade.

 

Estas medida é a introdución do repago nunha nova prestación sanitaria, que co aumento das apartacións das persoas activas e o cobro dos medicamentos á maioría dos pensionistas leva a potenciación dos seguros privados nun paso máis cara a privatización da sanidade a que nos leva o Partido Popular, na súa estratexia de implantar un modelo neoliberal da sanidade como en Estados Unidos, onde a xente morre por non poder acceder a asistencia dunha sanidade pública e gratuíta.

 

Relacionados