Rectificación do BNG nas mocións non apoiadas que denunciou EU

 

 

Xa que logo, o Coordinador Comarcal de EU, César Santiso, saúda e comparte o reproche de Xosé Manuel Carril ao Grupo Municipal do BNG por non apoiar dúas mocións de claro corte social. César Santiso, en declaracións efectuadas a saída do Pleno xa expresara que “o Goberno coruñés está desnortado, semella inaudito que o PP lle adiante pola esquerda, a través de mocións a prol da maioría social que son rexeitadas polo PSOE e BNG. Na Coruña falta esquerda”.

 

Efectivamente, semella inaceptábel para partidos que se din de esquerdas negarse a  apoiar as persoas desempregadas e a flota de arrastre coruñesa que esta a ver como se reduce o número de captauras nun 93%.

 

Por iso, o Consello Comarcal de EU Coruña considera que PSOE e BNG actuaron no último pleno en base a criterios partidistas en lugar de facelo segundo a ideoloxía e programa co que a cidadanía os apoiou.

 

Mentres, a postura manifestada por EU diante destas mocións foi clara e rotunda: apoio total a moción para recuperar a prestación a desempregados e respecto da moción da flota de arraste, si ben e certo que dende EU defendemos unha pesca sostible e na exposición de motivos existían varios puntos de desacordo coa postura do PP, de seguro que, no caso de ter a representación no concello que esperamos ter na vindeira lexislatura, seríamos quen de negociar e chegar a un acordo que permitise sacar adiante a iniciativa.

 

Finalmente, Esquerda Unida reitera o seu rexeitamento a negativa do bipartito a instar ao goberno de España a recuperar a prestación por desemprego, a pesares de que o 10% dos coruñeses atópanse en risco de exclusión social.

Relacionados