Recuperación monte baixo

 

 

Nos terreos de Riego, antiga fábrica de terrazos podemos ver unha montanha de area da necesaria extracción do río Minho. O espectáculo non favorece a seu entorno e molesta moito as persoas que disfrutan da praia, cando fai vento sae voando ferindo as persoas, dor no corpo,  area nos ollos.

 

Dende Esquerda Unida propomos que esa area se deposite nas covas da Lamiña ata o Puntal para recuperar o monte como era antes e que tódolos guardeses e visitantes disfruten das nosas praias e monte. Se este monte estivera limpo  sería moi útil para o pobo, e o principal sería a  creación de postos de traballo. Tería que ser un pulmón de a Guarda, igual que os terreos do Castelo de Santa Cruz.

 

Que se ponhan en contacto cos senhores especialistas de medio ambiente para realizar esta recuperación ecolóxica.

 

Dragar o río e moi necesario e recuperar o monte baixo de Camposancos tamén e seu custo e mínimo. Creemos que a prioridade primeiro é para nos e logo para compartir ca rexeneración de  outras  praias de Pontevedra.

 

DENDE ESQUERDA UNIDA SOLICITAMOS:

 

Retirada da montanha de area depositada nos “terreos” de Riego.

 

Recuperación do monte baixo de Camposancos depositando area nas covas dende A Laminha ata o Puntal.

 

Que o estudio desta proposta se faga cos Técnicos de Medioambiente.

Relacionados