Rehabilitación edificio

 

O Grupo Municipal de Esquerda Unida – Os verdes destaca a inestimable labor social que realiza unha organización que leva décadas axudando aos coruñeses con adición ao alcohol, ao tabaquismo ou á ludopatía e que está acreditada como centro dependente do SERGAS ofrecendo os seguintes servizos: servizo médico, tratamento de adicción ao alcohol, tratamento da ludopatía, tratamento de todas as adiccións sen sustancia (telefonía, internet, etc.) e tratamento para combater o tabaquismo.

Esquerda Unida demanda ao goberno municipal que rehabilite o edificio da asociación de ex alcohólicos propiedade do concello, dado que o local, sito na rúa Laxes de Orro, no que leva desenvolvendo a súa actividade a asociación dende 1985 ten a fachada en pésimas condicións. As obras de mantemento son necesarias para que a asociación poda seguir levando a cabo este servizo gratuíto para a cidadanía coruñesa. Moitos dos usuarios son derivados de centros sanitarios porque, a causa de outras patoloxías, recorren o alcohol para paliar os seus síntomas. Tamén acoden por presións familiares ou dende servizos sociais para que se comprometan a rehabilitarse. E aqueles que teñen problemas legais, sobre todo relacionados coa violencia de xénero ou delitos de tráfico, para conseguir unha permuta ou redución da condena.

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou a necesidade de apoiar a asociación de ex alcohólicos de xeito prioritario pola importancia da súa actividade e o aumento de usuarios que se esta a producir nesta situación de crise, a subida prodúcese sobre todo en pacientes que levaban años sen beber e volveron a recaer por culpa do estrés motivado por problemas sociolaborais xa sexan por falta de traballo ou por exceso. O tratarse dunha patoloxía crónica, si se volve a beber o habitual é que se perda de novo o control sobre a sustancia.

Relacionados