San Xoán festivo

 

O grupo municipal de Esquerda Unida – Os Verdes lembra que levou ao pleno da Coruña por dous veces, unha en moción e outra en pregunta oral, a proposta de que San Xoan fose día inhábil, mais non recibiu o apoio do goberno municipal, negándose incluso o grupo municipal do PP, nin tan sequera debater unha proposta asumida pola inmensa maioría da cidadanía.

 

Efectivamente, a noite de San Xoán estase a consolidar como uns dos eventos máis importantes tanto na nosa cidade, como na Galiza, congréganse milleiros de persoas xunto ao lume. Ano tras ano a participación da veciñanza increméntase notablemente, converténdose nun referente nacional.

 

Xa que logo, Esquerda Unida considera positiva aínda que escasa a decisión da xunta de establecer o día de San Xoán festivo autonómico debido a que esta decisión acertada so é para o ano que ven e dende EU-V demandamos que teña continuidade no tempo.

 

O voceiro de EU-V, César Santiso, indicou “os poderes públicos teñen a obriga de atender as demandas da cidadanía, actuando con flexibilidade e perspicacia diante do sentir maioritario, San Xoán debe ser festivo”.

Relacionados