Repulsa contra a violencia machista

Dende Esquerda Unida manifestamos de novo a nosa repulsa á violencia machista que rematou co asasinato de dúas rapazas de 4 e 9 anos, Candela e Amaia, na localidade pontevedresa de Moraña.

Dende a executiva nacional de Esquerda Unida manifestamos a nosa solidariedade coa familia e achegados/as das vítimas e facemos un chamamento ao conxunto da sociedade á participación nas mobilizacións convocadas en repulsa deste caso de violencia machista co fin de rematar con esta lacra social.

Neste senso, sinalamos que as relacións entre homes e mulleres séguense construíndo sobre bases patriarcais que continúan apuntalando a desigualdade e a discriminación  machista. E por iso que dende Esquerda Unida seguimos reclamando aos poderes públicos que loiten contra o terrorismo machista que vai contra as mulleres polo mero feito de selo.

Relacionados