O consello comarcal de EU Coruña denuncia que o afán privatizador da Xunta de Galicia responde a unha postura de submisión diante dos poderes económicos por parte do Goberno do PP.
Con todo a universidade da Coruña oponse a esta solución e lembra a Xunta que no convenio asinado por ambas as dúas institucións recóllese que o rectorado faise cargo da xestión da devandita residencia.
Esquerda unida saúda a determinación da universidade da Coruña para evitar que a Xunta privatice a residencia universitaria que se pretende construír en Elviña. Pois non cabe dúbida que a xestión privada da residencia suporá un incremento do prezo do aloxamento e, con toda seguridade, unha reducción da calidade do servizo.
O coordinador comarcal de EU, César Santiso, recorda que a construcción dunha residencia pública na Coruña é unha reclamación “histórica” da área de xuventude de Esquerda Unida. Quen xa denunciaría no seu momento as pésimas condicións nas que se atopaban moitos estudantes nos galpóns ilegais da Zapateira.
César Santiso aproveitou para denunciar que a pesares da compromiso do concello coruñés, as infravivendas volveron a abrirse este ano. Santiso culpabilizou a Xunta e concello das pésimas condicións de vida nas que se atopan moitos estudiantes, “os primeiros por permitilo e os segundos por atrasar dous anos o desenvolvemento do proxecto sen motivo algún”.